Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu
hiphopateneu@gmail.com

Xa disponible "Pluvio", novo disco de Furnier


Xa está na rúa “Pluvio”, o novo L.P. de Furnier editado en vinilo. O disco conta coa realización de M.Padrón nas instrumentais, os scrtaches de DJ Tips e as colaboracións líricas de Black Dahlia e Alba G. Foi grabado nos estudios Asalapensada (Sada) e Cocobolo (Quistiláns) por DJ Tips, e mesturado e masterizado por Pancho Suárez en Plantasónica 2 (Vigo). O vinilo custa 12€ e pódese atopar en distintos puntos de distribución na Galiza ou adquirir através dos contactos furnier981@gmail.com e picoamperio@gmail.com. Se tes algunha distribuidora de material non comercial e/ou antiautoritario e estás intersadx en mover o disco non dubides en contactar connosco.

PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN EN GALIZA:



LUGO

PONTEVEDRA
-Distribuidora Anarquista Polaris
distripolaris@riseup.net

Próximamente o disco estará disponible en formato dixital e gratuíto através das seguintes plataformas:
furnier.bandcamp.com

Furnier presenta "Disnomia"

“Disnomia” é o terceiro disco de Furnier, un Maxi/Single composto de catro cancións, producido por Dj Tips e coas colaboracións de Pura Mestura, Piti Sanz, Dj LaRock e Santi Cobos. O traballo vén acompañado dun libriño en formato fanzine.

Esta pequena perversión, espontánea, furtiva e irreverente, xorde en pleno proceso de elaboración doutro disco que verá a luz en vinilo en setembro/outubro de 2016, e do que moi pronto haberá máis información. Mentres tanto quixemos acender este pequeno “fueguito” que podedes descargar na ligazón que hai no pé deste post ou na nosa sección de descargas

http://www.mediafire.com/download/d9ceu8b2uxgix8k/Furnier+-+Disnomia+%28Maxi.Single.2016%29.zip

Sobreseída a causa por posesión de explosivos contra Senlheiro



A Audiencia Nacional decretou o sobreseimento libre da causa contra Senlheiro por posesión de artefactos explosivos, tras apreciar a excepción de cousa xulgada á defensa. Esta excepción foi formulada pola defensa mediante un artigo de previo pronunciamento ante a Sala do Penal, Sección Primeira, tras ter recibido o demoledor escrito da acusación polo cal a Fiscalía pedía unha pena de oito anos de prisión, nesta nova causa aberta a raíz dunha testemuña oral de Xurxo Rodríguez a petición da fiscalía(cabe lembrar que Xurxo Rodríguez é a única persoa que afirmou formar parte da organización “Resisténcia Galega”, a cambio dunha rebaixa da condena).Tras unha breve vista na que a defensa ratificou o seu escrito e rebatiu a impugnación da Fiscalía, o 30 de marzo a Sala comunicou a estimación da cuestión de previo pronunciamiento. En consecuencia, Senlheiro non poderá ser procesado por este delito nunca máis, manténdose a condena que xa pesaba sobre el.

Actualización sobre a situación de Senlheiro

senlhe

O pasado 7 de xaneiro, Senlheiro cumpriu 3 anos privado de liberdade, actualmente no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León a 350 km da súa casa.
O mércores 30 de decembro do pasado ano a Audiencia Nacional ordenou a apertura dun xuízo oral contra el e máis Heitor Naia.

O motivo e única proba: un testimonio oral de Xurxo Rodríguez a petición da fiscalía. Xurxo é a única persoa que afirmou formar parte da organización “Resisténcia Galega”, a cambio dunha rebaixa da condena. Isto neste Estado é suficiente para abrir un procedemento xudicial, mais agardamos que non sexa suficiente para condenar. Nuns días teremos a petición de condena e delito da fiscalía, e a prensa voltará a publicar o que lle pareza redatar ás axencias de noticias.